Década dos 2000: O mestre que as recollía, clasificaba e coidaba, marchóu ao IES "AS INSUAS" de Muros. A colección é apartada e esquecida. Lembrade a Stalin borrando fotos.
Década dos 10: Dende o IES chaman ao mestre, xa xubilado: disque foron polas cunchas e hainas que volver clasificar, limpar, ordear e expoñer. Hai que recupera-la memoria dos esforzos e da ilusión daqueles rapaces. Hai que expoñe-la súa inestimabel colección de cunchas. Hai que recupera-la MEMORIA HISTÓRICA e os seus logros.
E como o xubilosamento xubilado mestre ten futuro en paz pero aínda ten memoria, niso está:
Coma os pais andaban a navegar polo mundo adiante, tiñamos, e temos, moitos exemplares exóticos. Verbigracia, os que equí amosamos hoxe:
Una pena tanto tiempo guardadas sin ver la luz, curiosa colección para alguien de tierra adentro...
ResponderEliminarNo has podido resistirte a la llamada de la sangre del maestro ¿eh Amado? Va a ser una hermosíma colección y un tremendo trabajo también.
ResponderEliminarSalu2