sábado, 16 de diciembre de 2017

CURSO DE MICOLOXIA 2017



MÁIS DE
OITO
SETAS
COMESTIBLES


1.     LEPIOTA PROCERA (pan de cóbrega)

-Grande e alta . De nova é coma un mazo de toca-lo bombo, que despois se abrirá circularmente. Os vellos parecen parasoles e vense de lonxe.
SOMBREIRO de ata 35 cm.
-con escamas marróns que van desaparecendo, e o centro  sempre pardo, saínte e redondeado (este “mamelón” central é a única parte lisa
Debaixo do sombreiro hai moitas LÁMINAS grandes
dispostas coma os raios dunha roda, desiguais e LIBRES (=non chegan ó pé). Brancas pero de vellas vanse escurecendo e manchándose.
A ESPORADA que arrían é branca.
O PÉ é moi alto, moi fibroso ao partir, coa superficie ATIGRADA DE BANDAS MARRÓNS e coa base ancha formando coma un bulbo algodonoso.
Rodeando ao pé hai un ANEL DOBRE QUE  SE PODE MOVER DE SITIO COA MAN, porque NON ESTA PEGADO AO PÉ.
Abunda en verán e outono en hortas pouco coidadas, viñas e certos prados cercanos a carballeiras e castiñeiros.
A súa CARNE é branca e aromática. Hai que desprecia-los exemplares vellos, só os novos son de boa calidade (cando o sombreiro aínda é convexo acampanado).

Hai unha especie parecida, tamén comestible (L. rhacodes), que é algo menor, coas escamas máis anchas e PÉ LISO.
As lepiotas velenosas (por ex. L. helveola) son MOI PEQUENAS, con carne algo rosada e anel débil. Por eso, para evitar confusións NON SE DEBEN COLLER LEPIOTAS MENORES DE 10 CM.
( a Amanita pantherina, velenosa, é tamén máis pequena, ten o sombreiro pardo con verrugitas brancas e O PÉ BLANCO E CON VOLVA)


2. TRICHOLOMA NUDUM (PÉ AZUL)

-O SOMBREIRO é moi convexo ao principio, có borde repregado hacia abaixo e adentro; logo ábrese, medra e faise case que plano, de ata 10 cm. de diámetro. o seu COLOR varía do azul lila grisáceo ao gris parduzco e é completamente liso.


-Baixo do sombreiro hai moitas láminas radiais de fío algo sinuoso que parecen adherentes (=pegadas ao pé) e incluso algo decorrentes nos vellos exemplares, e son de cor lila azulado.
A ESPORADA que soltan se se deixan varias horas sobre un papel é de cor algo rosado-lila.
-O PÉ é fibroso, da mesma cor lila-azulado ca as láminas. A base é máis ancha e algodonosa.
-Frecuente en outono e aínda en inverno, baixo diversas clases de árbores, sobre todo entre a faísca do chan das carballeiras.
a súa CARNE é de ton lila, moi aromática e escurecendo coa humidade. Quizás moi suave e con demasiado olor, é UNHA SETA DE CALIDADE.
MOI DOADO DE COÑECER pola súa COR AZULADO-LILA.
Só habería confusión con algún Cortinarius de cor azul e violeta (tamén comestibles), con LACCARIA AMETHISTINA, pequena seta toda de cor violeta, de sombreiro pequeno, poucas láminas, separadas, e de pé delgado duro, moi frecuente e comestible tamén (só o sombreiro).


3.   BOLETUS EDULIS (andoa, madeirudo)

-SOMBREIRO circular regular, ao primeiro pequeniño, convexo e semiesférico, despois menos convexo e amplo (pode chegar aos 20 cm. de diámetro), LISO e de COR PARDUZCA, a cor varia dende “café con leite” claro a marrón escuro (=B.aereus); algúns son de cor granate parduzca (=B.pinnicula).

-A CARNE é branca, pero baixo da pel do sombreiro é un pouco viñosa
-A cara inferior do sombreiro está chea de POROS pequenos, regulares, que son o final de infinidade de tubiños que forman unha capa doada de quitar.
POROS E TUBOS son primeiro branquecinos, logo algo amarelentos e, de vellos, amarelo-verdosos.
-A ESPORADA é de cor caqui pálida.
O PÉ é robusto e parece unha maza, coa parte inferior moi grosa: cando a seta é moi nova parece un anano barrigón cun casco redondo tapándolle a cabeza e pescozo.
Despois o pé vaise facendo máis alto e esvelta e pode chegar a cilíndrico. A súa cor soe ser café con leito claro e ten na parte superior una especie de REDECILLA BLANCA (na variedade B. reticulatus a redeilla non é tan clara e cubre toda a superficie do pé)
Medra en verán e outono baixo diversas clases de árbores.
-A súa CARNE é moi apreciada en tódalas partes e de gran interese alimentario (entre outras interesantes cousas para organismos, ten proteínas de alta calidade polo seu gran contido en aminoácidos esenciais).
-Só se pode confundir con outros boletos (setas con tubos), pero poucos boletus son algo tóxicos. (tóxico é B.satanáns, que ten POROS ENSEGUIDA VERMELLOS e o pé con zonas vermellas, amarelas e con redeilla vermella, e a súa carne azulea ao partila).
Boletus felleus é amargo e certamente parecese moito ao B.edulis cando é novo, pero ao medrar coñécese ben, porque a redeilla do pé é de ton castaño e os poros póñense rosados (e sempre podemos coñecelo tamén probando un trociño da súa carne en cru, que é moi amarga)

4.   BOLETUS LUTEUS (ándoa anelada, ándoa marela)
-SOMBREIRO circular convexo semiesférico, logo máis aberto, de 5 a 12 cm. de diámetro. VISCOSO coa humidade, DOADO DE PELAR e de cor marrón achocolatado.
-A ESPORADA é amarelenta.


-PÉ mais ou menos cilíndrico e TEN UN ANEL MEMBRANOSO violáceo, do que ás veces só quedan colgallos pegados .
-Por encima do anel, a superficie do pé e amarelenta,  con pequenas granulacións, e por debaixo do anel é algo violáceo ou parduzco.
-Frecuente nos piñeirais no verán e outono.
CARNE branda e saborosa. NON HAI RISCO DE CONFUSIÓN CON OUTROS BOLETOS, pois o feito de ter anel no pé distíngueo da maioría. (Ademais poucos boletos hai tóxicos, e só causan trastornos dixestivos).
Hai unha especie moi parecida e tamén comestible: B.granulatus, que NON TEN ANEL e que é de sabor algo máis forte, MANCHA OS DEDOS de cor tabaco.


5.   AGARICUS CAMPESTER (champiñón silvestre)



-SOMBREIRO circular, convexo, liso, branquecino o con una especie de escamiñas sedosas (non saíntes) algo parduzcas. O borde é fino e algo saínte. De 5 a 15 cm, e a CARNE de OLOR AGRADABLE ALGO ANISADO, POÑÉNDOSE ROSADA AO PARTIR.
Numerosas LAMINILLAS radiais LIBRES (=non chegan ao pé) desiguais e de cor variable coa idade: primeiro son rosadas, logo parduzcas de ton carnoso e ao final moi escuras, marrón-violáceo case negro (entón hai que tiralos, por ser algo tóxicos).
A ESPORADA que arrían se se deixan sobre un cristal é de cor pardo violáceo.
O PÉ é branco, case cilíndrico e cun ANEL BLANCO membranoso delicado.
Frecuente en verán e outono tras de chuvias abondosas, en lugares descubertos, coma prados, céspedes de xardíns, terras ben estercoladas e, sobre todo, en leiras abandonadas nas que xa medrou algo a herba.
A súa CARNE  é aromática e moi apreciada.
Hai moitas especies do mesmo xénero, moi parecidas e tamén comestibles, con láminas da mesma cor e anel no pé.
Tamén é moi parecido a A.silvaticus, de sombreiro algo máis escuro, polas súas escamas sedosas pardo-vermellizas, pé máis longo e carne que se pon vermella ao partir, que é propio de bosques.
  1. arvensis e A.silvicola (bola de neve) son de sombreiros máis globulosos, brancos, máis grandes e altas e con anel algo máis complicado e carne de olor agradable, que se manchan algo de amarelo ao manosealas.
Só hai que ter coidado con A.xanthoderma, que é algo tóxica, e se recoñece porque CHEIRA MAL (a iodoformo) E SE MANCHA DE AMARELO RAPIDAMENTE DONDE SE TOCA.
O verdadeiro perigo non é a confusión con outros “champiñóns”, aínda que hai algúns moi indixestos, senón en confundirse con outras setas velenosas: Entoloma lividum, que tamén ten as láminas rosadas (ASI QUE MELLOR NON COLLER AGARICUS MOI NOVOS, que aínda teñen as láminas rosadas), pero  como NON TEN ANEL, non debe haber confusión (ademais, que E.lividum cheira a fariña)
Por outra banda, as Amanitas velenosas teñen láminas e esporadas brancas, ademais de volva.
A clave para non se equivocar ao recoller Agáricos campestris é pensar que debe ter laminas rosadas e anel e non poñerse amarelo ao tocalo.


6. COPRINUS COMATUS (matacandil)


-Cando é moi nova e o sombreiro está cerrado, é oblongo, case cilíndrico, cun manguiño con pé.
Despois medra ata 5-6 cm de alto e se abre un pouco por baixo semellando unha campá ou un apagaveas (matacandil), pero apenas se abrirá mais. Só o borde vaise levantando e desflecando a medida que se va poñendo rosado, logo negruzo e se convirte un líquido negro coma a tinta: o sombreiro, que era branqueeino e moi peluchoso, vaise licuando por baixo, ata quedar só o mamelón central.
Baixo o sombreiro, moitas láminas brancas libres (non chegan ao pé), apretadas, que tamén se poñen rosadas, negras e ao fin liquidas.
PÉ fráxil, oco ao final, brancosedoso, ás veces cun  fino anel branco moi delgado e solto que soe desaparecer.
Medra en verán e outono, en grupiños, en sitios descubertos, perto dos basureiros, escombreiras e xardíns.
A súa CARNE é branca, moi terna e delicada, polo que hai que cociñala pouco e va moi ben para tortillas. Só se come cando está branca e as láminas tamén.
É CASI IMPOSIBLE confundila con outras setas, se acaso, con outros coprinos acampanados e que se fan tinta (C. atromentarius causa trastornos se se bebe alcohol neses días) pero NINGUN TEN O SOMBREIRO TAN PELUCHOSO E CARACTERISTICO.


7. CANTHARELLUS CIBARIUS (cantarela)



-SOMBREIRO convexo irregular afundido polo centro según medra, 3-a10 cm. de case branco a marelo e case alaranjado.
-Non se nota donde acaba o sombreiro e empeza O PÉ, que parece un cono invertido-
NON TEN LAMINAS, senón enrrugas, que baixan algo polo pé e que se bifurcan e ramifican ao chegaren cerca do borde do sombreiro, e da mesma cor.
Tamén o PE e marelo coma toda a seta.
A ESPORADA é branca.
Abunda en verán e principios de outono en diversos bosques.
A súa CARNE é firme, branca e de aroma agradable. RARA VEZ É ATACADA POR PARÁSITOS, pola súa consistencia. Permite utilizala en calquera guiso e incluso desecala facilmente, pero precisa máis tempo  no lume.
Os principiantes sempre se confunden cunha seta parecida: Hygrophorosis aurantiaca (Cantharellus aurantiacus) ou Falso Níscalo: tamén é amarela, pero o pé é máis cilíndrico, branducho e baixo o sombreiro TEN LAMINILLAS alaranxadas bifurcadas: se cortamo-la seta cun coitelo de arriba abaixo pola metade veremos que son verdadeiras laminillas finas, pero NON ARRUGAS. (De tódolos xeitos, non importaría moito porque non é tóxico)
Sí que sería grave confundirse con Pleurotus olearia, seta TÓXICA, que ten certo parecido, pero é mais alaranxada e TEN LAMINILLAS finas e soe medrar EN GRUPOS sobre tocóns de árbores ou raíces (o C.cibarius MEDRA EN TERRA E TEN ARRUGAS).


8. LACTARIUS DELICIOSUS (fungo dos piñeiros)



SOPMBREIRO primeiro circular, convexo, aplanado, có borde encurvado hacia abaixo e adentro; despois ábrese e se funde en embudo. 5-15 cm. Cor moi variable: vermellizo, ocre, grisáceo-laranxa ou verdoso en algunhas partes (máis nos vellos). Zonas concéntricas ou redondeles escuros
Moitas LAMINILLAS radiais decorrentes (=baixan pegada ao pé), desiguais, de cor laranxa. ESPORADA BLANCA.
Pé case cilíndrico, xeralmente curto, laranxa variable e soe ter uns furadiños, coma picaduras de viruela. A estructura do pé é granulosa (=non ten febras, pártese por calquera parte, coma unha tiza branda) e soe esta oco cando non é moi novo.

O detalle máis importante desta seta, que a distingue de tódalas demais, é que segrega un líquido vermello-laranxa cando se corta tanto o sombreiro coma o pé: este forma entón un anel vermello có líquido. (Este pigmento elimínase polo riñon e por eso a ouriña ponse desa cor e asusta a quen non sabe a causa).
O contacto da CARNE có aire fai aparecer unha cor verde “cardenillo”. Ollo: se o níscalo ten partes verdes pode que esté agusanado ou sexa vello ou esté moi manoseado.
Hai especies parecidas: L. sanguifluus segrega un látex vermello sangue e L. semisanguifluus teno purpúreo. SONCHE AINDA DE MELLOR CALIDADE.
Algúns exemplares están ás veces parasitados por outro fungo (Hypomices) branco que deforma as laminillas, e fanlle tomar formas raras, cunha capa branca baixo do sombreiro: seguen sendo comestibles e incluso mellores.
Os níscalos medran sempre nos piñeirais, e abundan en veráns chuviosos e mais en outono (se chove).


É a seta máis consumida en España e o máis famoso, pero non o merece: a súa carne é mais ben basta, con pouco aroma e con poucos principios nutritivos e incluso algo indixesta. Pero case todo o mundo fala moi ben ela, quizais porque non teñen probado outras e PORQUE TEN UNHA CUALIDADE MOI IMPORTANTE: NON SE PODE CONFUNDIR CON OUTRA SETA, debido ao seu líquido laranxado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario