jueves, 11 de diciembre de 2014

CONGRIO (Conger coger)
O congrio, Rei indiscutible dos nosos fondos mariños costeiros.

Non imos detallar cómo é un congrio, caramba, que estamos en Muros.
Pero daremos algúns datos curiosos, que tampoco non ten que estar todo o mundo ao tanto de todo.
IDENTIFICACIÓN:  NON CONFUNDIR COA ANGUÍA. Non é tan difícil a confusión para un profano. Daremos só unha clave das varias que hai para evitar confusións: A aleta dorsal empeza xusto encima do extremo das pectorais, ou sexa, moito máis adiante ca da anguía.
Do seu HABITAT mencionaremos tamén só o dato de que habita os fondos dende os máis someros ata cousa dos 500 metros.
ALIMENTASE de case todo o que pilla, peces, moluscos e crustáceos. Se o congro é xa algo maior, nótanselle ben as marcas dos tentáculos de pulpos e calamares que loitaron por non seren comidos. Caza case exclusivamente pola noite.
REPRODUCCIÓN: É o aspecto máis asombroso e peor coñecido deste magnífico peixe.:
1º Só se reproducen unha vez. Logo, morren. A súa idade entón non está moi clara, estímase que poden facelo entre os 5 e os 15 anos, acadando entón as súas maiores tallas, do ata 3 metros, as femias, que se volven branqecinas e que poden acadar xa os 50 kg. de peso (a metade do peso corresponde ás gónadas), mentras que os machos son ben máis pequenos e raramente chegan ao metro.
2º Para face-la posta de ovos ou esperma vanse a zoas moi alonxadas (ata o Mar de Sargazos moitos) e profundas (de 1000 a 3000 metros!!)
3º A larva é coma a da anguía, leptocéfala, e tarda 2 anos en pasar polas diferentes fases larvarias, chegando entón á costa, donde vai collendo cor e alí se asentará o resto da súa vida. (a angula da anguía xa sabedes que se mete nos ríos).
3º. PESCA: Xa vimos que morren tras reproducirse, asi que todo o congrio que se pesca aínda non o fixo. Pero ás veces cóllense algunhas “bailarinas”, cando estaban a piques de iniciar a súa emigración reproductora, que son case que só un envase de gónada e o resto unha masa xelatinosa que se desfai na auga e non vale para nada.
Péscase con varias artes: nasa, anzuelo, cerco, deriva e palangre de congrio, que se cala en el fondo.

Un congrio grande éche un trofeo para a pesca submarina.

No hay comentarios:

Publicar un comentario