viernes, 21 de octubre de 2011

VAI DE CUNCHAS

Década dos 90: Os alumnos do COLEXIO PÚBLICO MÉDICO RICARDO TOBÍO, de Esteiro (Muros) aportan miles, ¿qué digo, miles? ¡CIENTOS!! de cunchas para facer unha colección que será a súa memoria para as xeracións vindeiras

Década dos 2000: O mestre que as recollía, clasificaba e coidaba, marchóu ao IES "AS INSUAS" de Muros. A colección é apartada e esquecida. Lembrade a Stalin borrando fotos.

Década dos 10: Dende o IES chaman ao mestre, xa xubilado: disque foron polas cunchas e hainas que volver clasificar, limpar, ordear e expoñer. Hai que recupera-la memoria dos esforzos e da ilusión daqueles rapaces. Hai que expoñe-la súa inestimabel colección de cunchas. Hai que recupera-la MEMORIA HISTÓRICA e os seus logros.

E como o xubilosamento xubilado mestre ten futuro en paz pero aínda ten memoria, niso está:
Coma os pais andaban a navegar polo mundo adiante, tiñamos, e temos, moitos exemplares exóticos. Verbigracia, os que equí amosamos hoxe:




2 comentarios:

  1. Una pena tanto tiempo guardadas sin ver la luz, curiosa colección para alguien de tierra adentro...

    ResponderEliminar
  2. No has podido resistirte a la llamada de la sangre del maestro ¿eh Amado? Va a ser una hermosíma colección y un tremendo trabajo también.
    Salu2

    ResponderEliminar