Os mortos do home de pel branca esquecen a súa terra cando comenzan a viaxe en medio das estrelas. Os nosos nunca se alonxan da terra, que é a nai. Somos un anaco desta terra; estamos feitos dunha parte dela. A flor que arrescende, o cervo, o cabalo, a águia maxestuosa: todos son nosos irmáns. As rocas dos cumes, o zume da herba fresca, o calor da pel do poldro: todo pertence á nosa familia.
Non podo comprendelo. Nós somos dunha maneira de ser moi diferente. As vosas cidades fan dano ós ollos do home de pel roxa. É posible que sexa porque o home de pel roxa é salvaxe e non pode entende-las cousas. Non hai ningún lugar tranquilo nas ciudades do home de pel branca; ningún lugar onde se poida escoitar na primaveira o despregue das follas, o movemento das ás dun insecto
Pode que me parezca a min xa que son un salvaxe e non comprendo ben as cousas. O ruido da cidade é un insulto para o oido. E eu pregunto: ¿qué xeito de vida ten o home cando non é quen de escoitar o grito solitario dunha garza ou a discusión nocturna das rás dunha poza? Son un home de pel roxa e nono podo entender
Si vendemos as nosas terras, teríades que deixalas en paz e que continuasen sagradas para que fosen un lugar no que tamén o home de pel branca poidese saborea-lo vento doce polas froles da pradeira.
Queremos considerar a vosa oferta de comprarnos as terras. Si decidísemos aceptalo teréi que poñer unha condición: que o home de pel branca mire ós animais desta terra coma irmáns. Faría falla que aprendésedes os vosos fillos que o chan que pisan son as cinzas dos abós. Respetarán a terra se lles decides que está chea da vida dos antergos. Fai falla que os vosos fillos o saiban, igual que os nosos, que a terra é a nai de todos nós. Que calquer estrago causado á terra sófreno os fillos. O home que cuspe a terra, a sí mismo se está escupindo
Dunha cousa estamos seguros: a terra non pertence ó home; é o home o que pertence á terra. O home non tece a rede que é a vida, só é un fillo. O sofrimento da terra convírtese á forza en sofrimento para os seus fillos. Estamos seguros disto. Tódalas cousas estan ligadas coma a sangue dunha mesma familia.
Nin o home de pel branca, que ten amizade con Deus e se pasea e lle fala, non pode escapar deste destino noso común. É posible que sexa certo que somos irmáns. Xa o veremos. Sabemos unha cousa da que se cadra vos decataredes máis adiante: que o noso Deus é o mesmo que o voso. Pensades que quizáis tendes poder por riba de Él e o mesmo tempo querédelo ter sobre tódalas terras, pero non o podedes ter. O Deus de tódolos homes compadécese igual dos de pel branca que dos de pel roxa. Esta terra é apreciada polo seu Criador e estragala sería una grave afrenta. Os homes de pel branca tamén sucumbirán e seguramente antes que o resto das tribus. Se lixades a vosa cama, calquera noite morreredes sofocados polos vosos propios delitos. Pero veredes a luz cando chegue a hora final e comprenderedes que Deus levouvos a estas terras e que permitiu o seu dominio e a a dominación do home de pel roxa con algún propósito especial. Este destino é en verdade un misterio, porque non podemos comprender que pasará cando os búfalos se estingan; cando os cabalos perdan a súa liberdade; cando non quede ningún recuncho do bosque sen o cheiro do home e cando por riba das verdes colinas a nosa mirada atope por tódalas partes as teas das arañas de fíos de ferro que levan a vosa voz.¿ Dónde está o bosque espeso? Desapareceu. ¿Dónde está a águia? Desapareceu. ¡Así remata a vida e empezamos a sobrevivir!
Estas palabras del Jefe indio tendrían que estar grabadas al fuego en la cabeza de todos los dirigentes mundiales. Como no lo están y todo depende de la avaricia del banquero que preste más dinero al gobernante de turno, así nos va. Hoy coincidís de indios El rincón de Rampael y tú.
ResponderEliminarSalu2
Sin duda querido maestro,este jefe indio,era un primate inteligente,cumpliendo el papel que la naturaleza asignó a los humanos,vivir en armonía con las demás especies que pueblan el planeta,tomando lo justo y necesario sin romper el equilibrio vital de la Madre Tierra.Lástima que queden pocas tribus de primates inteligentes,ocultas en selvas impenetrables,resistiéndose a formar parte de un grupo de imbéciles,marionetas de un sistema inventado para hacernos creer,que si no formas parte de un sistema donde lo que prima es la avaricia y el egoísmo,no eres nadie.Me quedo con la frase,"La tierra no pertenece al hombre,el hombre pertenece a la tierra",tarde o temprano estas tribus caerán y formarán parte de la única plaga que afecta a la salud de Gaia, la plaga del Homo Imbecilis Gilipollensis.
ResponderEliminar