jueves, 27 de enero de 2011

SOBREIRA TALADA (ESTEIRO anos 80)

S.O.S., ESTEIRO:
¿algún dos xóves naturalistas da foto podería confirma-la data da mesma?

HOMENAXE A UNHA SOBREIRA

Centenaria sobreira,


qué vergoña ser home,


ser persoa qué noxo,


xa que de home foron


os ollos que che viron mesa,


os cartos que che mercaron,


as mans que te foron feras,


a pólvora có que che voaron.


Que non viron as túas follas,


cegos eran.


Nen soñaron as túas pombas,


parvos eran.


Que non pensaron á túa sombra,


sobreira...


Centenaria sobreira,


xa non terás máis landras,


xa non cairán máis follas


ó chan dende as túas polas,


e arredor do teu sitio,


no lugar onde te alzabas,


xa non haberá o mesmo chan


nen correrá o paspallás


nen o moucho collerá


ratos dende o teu lar.


Agora no teu toro


dun rico té-lo xantar.


As túas polas, fortes brazos,


patas dunha mesa son.


Que non viron as cascoiras,


cegos eran.


Nen viron a túa alma,


xelos eran.


Que non viron unha arbre enriba,


sobreira...


Centenaria sobreira,


amiga árbore, da cobiza derrubada:


que a túa morte non sexa en van


nós queremos.


Queremos que sexa fértil


e prometemos


moitas veces renascerte,


duascentas veces prantarte,


pra que a túa enxebre alma


atope sosego e volva


e medre multiplicada


duascentas veces arriba


douscentos anos alzada,


xa nunca máis derrubada,


xa nunca más abatida.

(amado,1985?)

4 comentarios:

  1. Pobre encina, que triste final de un ser que aún podría estar contemplandonos.
    Un saludo,Amado.

    ResponderEliminar
  2. No sé que es una sobreira pero tengo que reconocer que me gusta la musicalidad de lo escrito.
    Una pena un arbol de ese tamaño...

    ResponderEliminar
  3. Una sobreira, Flores y "tejón", es un alcornoque. Hay por estos pagos ejemplares sueltos, pero los más grandes no son más gruesos que un pino mediano. Jamás había visto ni he visto después por estos montes un ejemplar tan magnífico como ese que encontré ya talado en aquélla excursión escolar y que me enteré estaba destinado para mesa de jardín de un señorito. Como diría mi nieto: ¡mecachis!!

    ResponderEliminar
  4. Tu faceta de poeta casi supera a tu faceta de naturalista. Ahí no tenemos coincidencias, me ganas por goleada. ¿Sabes que la he entendido bien? Y me ha gustado.

    ResponderEliminar