Dende a miña ventana vexo A ILLA DA CREBA.Hai máis de 30 anos cheguéi eu a esta ría, como biólogo da empresa que puxo as bateas frete a cara oeste da illa para cultivar ostras. Se nos daba a hora de xantar nas bateas, íamos comer á illa, daquela chea de vexetación natural de monte baixo. Quen me ía dicir a min que có tempo,mirando pola ventana da miña casa, tería a sua imaxe sempre no meu campo visual (agora un pouco mais escaso, polo das moscas vitreas).
En fronte ó cabo Uhía sitúase esta fermosa illa que comparte espacio con outra próxima, coa illa Vella. Esta é unha formación de singular atractivo na que se desenvolve un frondoso bosque de pinos e na que parece ser que antigamente estivo emprazada unha pequena ermida que foi levantada para homenaxear á Virxe, a onde acudían en romaría multitude de persoas.
Hai 20 anos armouse unha boa tangana en Esteiro, población á que pertence A Creba, por ter construido ali un “pazo” un tal Emilio Penas, rico constructor compostelán, que, con controvertida legalidade, se apropiara da illa. En 1990 realizóuse un desembarco popular na illa, para reivindica-lo dereito público sobre ela. Digo tangana porque houbo os seus menos e mais entre os partidos politicos, acusándose de apropiacion da iniciativa popular e tal e cual.

A Creba foi declarada pola Xunta de Galicia ESPACIO NATURAL PROTEXIDO (D.O.G. do 22.01.90), declaración que impide a construcción de ningunha clase de edificación. Pero as obras concluiron, incluindo reforestación, que lle queda moi ben, sexa dito de paso e sen çanimo de molestar, e a construcción dun “porto”.
As lendas sobre mouros e princesas enfeitizadas tiveron durante moito tempo o seu escenario nesta illa, e nelas asegurábase que coa construcción da ermida quedou definitivamente cristianizado este lugar que foi centro dos embruxos destes personaxes, e que en última instancia provocaron que este anaco de terra se separara do continente.
¡Qué imágenes más preciosas de la ría! Todo el que hace el camino de Santiago tendría que ir por obligación a las Rías Baixas.
ResponderEliminarHERMOSA LAS IMÁGENES SACRAS.
ResponderEliminarEL PAISAJE EN LAS FOTOS ES MUY BONITO, IMAGINO QUE HACE UN FRÍO¡¡¡¡
ESTIMADO AMIGO MIO, DEJO MI SALUDO PARA TI