martes, 20 de abril de 2010

EL LAVATORIO

Conocí por casualidad, que es como se conoce a todo el mundo, al autor de esta preciosa joya literaria, José Barroso Castro, y no puedo sino traer aqui su reseña, porque es joya que alegrará a todo el que la lea: una mirada alegre a una época, a un mundo, no tan triste como solemos pensar cuando echamos la mirada siglos atrás: oscurantimso, fanatismo, ignorancia, miedo, muerte y más allá...Pues no, pues no. No todo es tan blanco ni tan negro. Vemos aquí, y no vemos ilusiones, sino personajes de carne y hueso, un joven, alegre, emprendedor, ilusionado y enamorado; una mujer madura con su alegre ilusión en el más allá...pero no me enrollo más, me limito a poner la reseña primero y luego, una página (en gallego, pero es edición bilingüe)

En un manuscrito fechado el 4 de julio de 1401 consta que María de Ben, una mujer sencilla pero profunda, viuda de un pedreiro quiere donar tres cuartas partes de su propia casa a la Cofradía de Clérigos de la Concepción de Noia; todo a cambio de misas para la salvación de su alma y la de su marido. José Barroso logra meterse en la conciencia de este personaje. Este relato está lleno de cortes transversales en el tiempo y en la conciencia de los personajes: un clérigo que atiende a un moribundo, un joven notario que hace su primera escritura, un historiador que encuentra la escritura casi moribunda en la pata de un armario, un maestro que en sus horas finales lega su saber a su discípulo; y de trasfondo, Juan el discípulo amado de Jesús que en el Lavatorio pone los oídos en el pecho del maestro para escuchar su latido y su verdad.
Este relato viene como consecuencia de la labor de edición de manuscritos medievales que José Barroso junto con el teólogo Xoán Manuel Neira realizaron en la publicación Memorias da morte I, II y III. Fue tal la inmersión en estos manuscritos, que José Barroso recurrió a la ficción dado que los personajes de estos documentos apelaban por hacerse vivos más y más, y en consecuencia, tuvo que dejarlos hablar, incluso al final tuvo el autor que dejarse hablar por ellos; y así surgió El lavatorio.
Esta edición del relato viene acompañada de una edición facsímil del manuscrito original de 1401 sobre el que se basa el cuento. Se provee también de la transcripción paleográfica y la edición anotada del mismo manuscrito.

"Dar vida, isto querería o mozo teólogo, tamén escusador como Bieito, dar vida a estes contratos, foros, testamentos e permutas; e poder transcribilos e transmitilos, e darlles un alento do seu saber e da súa fe para que todos eles teñan sentido, insuflar neles o amor para encontrar a voz calada do espírito que hai neles; pero sobre todo, darlle a vida tamén ao seu mestre gravemente enfermo do que el sempre será o seu humilde escusador e representante. Fijo, moi querido Manuel, non esquezas as tres virtudes dun historiador: traballo ou estudio que é o mesmo en latín, palabra dada e palabra escoitada (oidor da historia e o tempo, e dicidor no tempo), servizo a Deus e aos teus sempre os teus semellantes. E aplica estas mesmas virtudes á vida, sobre todo, a do servizo, non esquezas co Mestre tomou a súa condición de escravo pasando por un de tantos.

Manuel, pois, tiña con estes manuscritos nas súas mans moitas horas de traballo, moitas horas de lectura e esforzo; outras tantas de inscrición, anotación e estudo; oíndo a palabra no tempo, transmitíndolla a través do tempo, creándoa e inscribíndoa de novo no latir do tempo, buscando sempre nela a fonda respiración do espírito; e sempre como fondo servindo, ao igual que o fixeron os seus mestres: o Mestre por excelencia e o mestre Idígoras.

Non esquecerá Manuel o xesto do seu querido benfeitor, aquel oficio de Xoves Santo no que, xa como pai, sacerdote e mestre, lavoulle os pés con celo apostólico de servidor. Vía como, ao secarlle os pés o seu mestre amado, el, o seu discípulo e fiel seguidor, sentíase acollido nun banquete onde repousaba coa luz indeleble o misterio dos froitos postos sobre a mesa. Pero o sagrado e sacramentado do cadro non lle impedía intuír, de todas formas, que ese lavatorio testemuñaba dalgún modo un servizo que el tomaba como un relevo, pois do que se trataba tamén era de lavarse os pés os uns aos outros en sinal de amor, único froito que sempre permanece e dá a vida.

Darlle vida, se puidese o discípulo darlle un soprovital que resucitase por un pouco máis de tempo ao seu mestre. Darlle vida nun sopro vital, pero sen saber que o mestre en calquera momento pódeche corresponder dándoche vida a ti tamén co seu doce e derradeiro alento que permanece para sempre. Tanto había que facer e carrancear. Tantos manuscritos quedaban á espera de ser inscritos de novo na pedra esquecediza do tempo.

Tanto era o que Manuel desexaba servir e corresponder ao seu mestre amado. Dar vida, un sopro vital, poñer os oídos no corazón, escoitar o seu latir, afondar no misterio deste amor que todo o rexe no seu compás, que todo o xungue, o coida e o ten no seu haber.

Cánto desexaba Manuel abrir o seu corazón ao mestre aquí na terra como ao Mestre do ceo, e así deixarse escoitar pola palabra no tempo, reconciliadora dos feitos pasados, mediadora e bálsamo dos feitos presentes. Oír, se é con amor e escoita, convértese como por misterio en deixarse escoitar pola palabra que, no seu eterno latexo, se impón doce e caladamente. Manuel, que necesitaba na súa despedida do mestre, darlle as grazas por tanto don e tanta doazón; e que sen querelo precisaba da bei

zón, para que o seu corazón continuara latindo no misterio de querer e deixarse querer, de falar e de deixarse falar, de escribir e deixarse escribir; unha bendición para que as súas mans novas puidesen seguir transmitindo a través da escritura todas as palabras que o tempo vai falando como o fluír dun río.

O mestre xa non podía falar cos beizos; alí na cama xa abatido, sen poder pronunciar palabra, pero sempre con moito que dicir, consciente de que calquera camiño para expresarse está xa feito cando hai actitude de escoita, busca e agarda. Os ollos illabáns de cazador buscando á presa no arquivo estaban agora pechados.

Todo ese firmamento de palabras a cachón quedaban agora caladas nun relanzo de silencio onde vagaban caladamente todas as persoas da historia e do presente a quen, en definitiva, amou: Carranza, Carlos V eFelipe II, San Ignacio, Santa Teresa, un freire leigo, unha pobre muller doente nunha cadeira, un reitor dunha escola ao que abría o seu corazón confidente e ao que lle contaba saborosas e entretidas historias cos seus consellos e consellas; unha amiga da alma que sempre o escoitou dende unha mesa camilla nunha galería aberta a un bulevar que desemboca no mar.

E agora que lle chegaba a hora de pasar deste mundo ao Pai, tiña alí ao seu discípulo amado, e vía un deber dun servidor humilde transmitirlle o último alento. Pensou: ti non serás tardo de corazón; que non se turbe o teu corazón, Manuel, escoita atentamente o latido do meu, inclina o teu oído cara o misterio, pois non hai mellor chave para descifrar o correr da auga e da vida que o amor. O mestre, pois, faloulle con xestos e claves que só unha persoa de amor e de estudo podía comprender.

2 comentarios:

  1. A tomar nota, pinta muy bien; por cierto me ha gustado la pagina en gallego,

    ResponderEliminar
  2. Pues si, a mi también me llama la atención, me lo apunto.
    Un saludo.

    ResponderEliminar