Dende que cheguéi de currante a esta terra estou a defende-lo seu idioma propio como se fose meu, que xa o é tamén. Primeiro lein a Castelao, despois, de Biólogo, mergulleime no Freixo (cando nun bar alguén quería pasarse ao castelán por min, o paisano que ía comigo decíalles "non,non, si este é un de nós!), aínda que ás veces botaba gazapos, coma falar das "caijas" de ostras.
Xa de mestre, paseime ao Galego asi que cheguéi a Esteiro, porque é a sua fala. Unha vez pedínlle ao Secretario que redactase en galego un escrito a Coca-cola(que non o facía para mellor obter unha subvención, aínda sendo él senlleira personaxe nacionalista), e cando os houbo, puxen os textos de Mates en Galego, cando ninguén o facía. E o mesmo no IES das INSUAS, vamos que ás veces fun mais papista que o papa, que moitos galegos mais naturais ca min pasaban moito. Alá cada quen. Eu penso que tódolos monumentos hai que cuidalos por igual, se son damesma categoría, pero que cando un está máis agrietado, pois digo eu que necesitaríamais coidados. Pois eso pasa coas linguas. Euson castelan falante, polo menos na intimidade (que grtacioso está el señor), que lle imos facer, pero vexo o galego algo tocado e penso que o decreto de marras sería coma un tremor de terra.
Xa vos contarei, porque marcho mañá para Santiago e xa quedo alí para mani de pasado.
Coma nos vellos tempos. No nos moverán!
Coma nos vellos tempos. No nos moverán!
No hay comentarios:
Publicar un comentario