MÁIS DE
OITO
SETAS
COMESTIBLES
1. LEPIOTA PROCERA
(pan de cóbrega)
-Grande e alta . De nova é
coma un mazo de toca-lo bombo, que despois se abrirá circularmente. Os vellos
parecen parasoles e vense de lonxe.
SOMBREIRO de ata 35 cm.
-con escamas marróns que
van desaparecendo, e o centro sempre
pardo, saínte e redondeado (este “mamelón” central é a única parte lisa
Debaixo do sombreiro hai
moitas LÁMINAS grandes
dispostas coma os raios dunha roda, desiguais e LIBRES
(=non chegan ó pé). Brancas pero de vellas vanse escurecendo e manchándose.
A ESPORADA que arrían é branca.
O PÉ é moi alto, moi
fibroso ao partir, coa superficie ATIGRADA DE BANDAS MARRÓNS e coa base ancha
formando coma un bulbo algodonoso.
Rodeando ao pé hai un ANEL
DOBRE QUE SE PODE MOVER DE SITIO COA
MAN, porque NON ESTA PEGADO AO PÉ.
Abunda en verán e outono
en hortas pouco coidadas, viñas e certos prados cercanos a carballeiras e
castiñeiros.
A súa CARNE é branca e
aromática. Hai que desprecia-los exemplares vellos, só os novos son de boa calidade
(cando o sombreiro aínda é convexo acampanado).
Hai unha especie parecida, tamén comestible (L.
rhacodes), que é algo menor, coas escamas máis anchas e PÉ LISO.
As lepiotas velenosas (por ex. L. helveola) son
MOI PEQUENAS, con carne algo rosada e anel débil. Por eso, para evitar
confusións NON SE DEBEN COLLER LEPIOTAS MENORES DE 10 CM.
( a Amanita pantherina, velenosa, é tamén máis
pequena, ten o sombreiro pardo con verrugitas brancas e O PÉ BLANCO E CON
VOLVA)
2. TRICHOLOMA NUDUM (PÉ AZUL)
-O SOMBREIRO é moi convexo
ao principio, có borde repregado hacia abaixo e adentro; logo ábrese, medra e
faise case que plano, de ata 10 cm. de diámetro. o seu COLOR varía do azul lila
grisáceo ao gris parduzco e é completamente liso.
-Baixo do sombreiro hai moitas
láminas radiais de fío algo sinuoso que parecen adherentes (=pegadas ao pé) e
incluso algo decorrentes nos vellos exemplares, e son de cor lila azulado.
A ESPORADA que
soltan se se deixan varias horas sobre un papel é de cor algo rosado-lila.
-O PÉ é fibroso,
da mesma cor lila-azulado ca as láminas. A base é máis ancha e algodonosa.
-Frecuente en
outono e aínda en inverno, baixo diversas clases de árbores, sobre todo entre a
faísca do chan das carballeiras.
a súa CARNE é de ton
lila, moi aromática e escurecendo coa humidade. Quizás moi suave e con
demasiado olor, é UNHA SETA DE CALIDADE.
MOI DOADO DE
COÑECER pola súa COR AZULADO-LILA.
Só habería
confusión con algún Cortinarius de cor azul e violeta (tamén comestibles), con
LACCARIA AMETHISTINA, pequena seta toda de cor violeta, de sombreiro pequeno,
poucas láminas, separadas, e de pé delgado duro, moi frecuente e comestible
tamén (só o sombreiro).
3. BOLETUS EDULIS
(andoa, madeirudo)
-SOMBREIRO circular
regular, ao primeiro pequeniño, convexo e semiesférico, despois menos convexo e
amplo (pode chegar aos 20 cm. de diámetro), LISO e de COR PARDUZCA, a cor varia
dende “café con leite” claro a marrón escuro (=B.aereus); algúns son de cor
granate parduzca (=B.pinnicula).
-A CARNE é branca, pero
baixo da pel do sombreiro é un pouco viñosa
-A cara inferior do
sombreiro está chea de POROS pequenos, regulares, que son o final de infinidade
de tubiños que forman unha capa doada de quitar.
POROS E TUBOS son primeiro
branquecinos, logo algo amarelentos e, de vellos, amarelo-verdosos.
-A ESPORADA é de cor caqui
pálida.
O PÉ é robusto e parece
unha maza, coa parte inferior moi grosa: cando a seta é moi nova parece un
anano barrigón cun casco redondo tapándolle a cabeza e pescozo.
Despois o pé vaise facendo
máis alto e esvelta e pode chegar a cilíndrico. A súa cor soe ser café con
leito claro e ten na parte superior una especie de REDECILLA BLANCA (na
variedade B. reticulatus a redeilla non é tan clara e cubre toda a superficie
do pé)
Medra en verán e outono
baixo diversas clases de árbores.
-A súa CARNE é moi
apreciada en tódalas partes e de gran interese alimentario (entre outras
interesantes cousas para organismos, ten proteínas de alta calidade polo seu
gran contido en aminoácidos esenciais).
-Só se pode
confundir con outros boletos (setas con tubos), pero poucos boletus son algo
tóxicos. (tóxico é B.satanáns, que ten POROS ENSEGUIDA VERMELLOS e o pé con
zonas vermellas, amarelas e con redeilla vermella, e a súa carne azulea ao
partila).
Boletus felleus é
amargo e certamente parecese moito ao B.edulis cando é novo, pero ao medrar
coñécese ben, porque a redeilla do pé é de ton castaño e os poros póñense
rosados (e sempre podemos coñecelo tamén probando un trociño da súa carne en
cru, que é moi amarga)
4. BOLETUS LUTEUS (ándoa
anelada, ándoa marela)
-SOMBREIRO circular
convexo semiesférico, logo máis aberto, de 5 a 12 cm. de diámetro. VISCOSO coa
humidade, DOADO DE PELAR e de cor marrón achocolatado.
-A ESPORADA é amarelenta.
-PÉ mais ou menos
cilíndrico e TEN UN ANEL MEMBRANOSO violáceo, do que ás veces só quedan
colgallos pegados .
-Por encima do anel, a
superficie do pé e amarelenta, con
pequenas granulacións, e por debaixo do anel é algo violáceo ou parduzco.
-Frecuente nos piñeirais
no verán e outono.
CARNE branda e saborosa.
NON HAI RISCO DE CONFUSIÓN CON OUTROS BOLETOS, pois o feito de ter anel no pé
distíngueo da maioría. (Ademais poucos boletos hai tóxicos, e só causan
trastornos dixestivos).
Hai unha especie moi
parecida e tamén comestible: B.granulatus, que NON TEN ANEL e que é de sabor
algo máis forte, MANCHA OS DEDOS de cor tabaco.
5. AGARICUS CAMPESTER
(champiñón silvestre)
-SOMBREIRO circular,
convexo, liso, branquecino o con una especie de escamiñas sedosas (non saíntes)
algo parduzcas. O borde é fino e algo saínte. De 5 a 15 cm, e a CARNE de OLOR
AGRADABLE ALGO ANISADO, POÑÉNDOSE ROSADA AO PARTIR.
Numerosas
LAMINILLAS radiais LIBRES (=non chegan ao pé) desiguais e de cor variable coa
idade: primeiro son rosadas, logo parduzcas de ton carnoso e ao final moi escuras,
marrón-violáceo case negro (entón hai que tiralos, por ser algo tóxicos).
A ESPORADA que arrían
se se deixan sobre un cristal é de cor pardo violáceo.
O PÉ é branco, case
cilíndrico e cun ANEL BLANCO membranoso delicado.
Frecuente en
verán e outono tras de chuvias abondosas, en lugares descubertos, coma prados,
céspedes de xardíns, terras ben estercoladas e, sobre todo, en leiras
abandonadas nas que xa medrou algo a herba.
A súa CARNE é aromática e moi apreciada.
Hai moitas
especies do mesmo xénero, moi parecidas e tamén comestibles, con láminas da
mesma cor e anel no pé.
Tamén é moi
parecido a A.silvaticus, de sombreiro algo máis escuro, polas súas escamas
sedosas pardo-vermellizas, pé máis longo e carne que se pon vermella ao partir,
que é propio de bosques.
- arvensis e A.silvicola (bola de neve) son de
sombreiros máis globulosos, brancos, máis grandes e altas e con anel algo
máis complicado e carne de olor agradable, que se manchan algo de amarelo
ao manosealas.
Só hai que ter
coidado con A.xanthoderma, que é algo tóxica, e se recoñece porque CHEIRA MAL
(a iodoformo) E SE MANCHA DE AMARELO RAPIDAMENTE DONDE SE TOCA.
O verdadeiro perigo non é a confusión con
outros “champiñóns”, aínda que hai algúns moi indixestos, senón en confundirse
con outras setas velenosas: Entoloma lividum, que tamén ten as láminas rosadas
(ASI QUE MELLOR NON COLLER AGARICUS MOI NOVOS, que aínda teñen as láminas
rosadas), pero como NON TEN ANEL, non
debe haber confusión (ademais, que E.lividum cheira a fariña)
Por outra banda, as Amanitas velenosas
teñen láminas e esporadas brancas, ademais de volva.
A clave para non se equivocar ao recoller Agáricos
campestris é pensar que debe ter laminas rosadas e anel e non poñerse amarelo
ao tocalo.
6. COPRINUS COMATUS (matacandil)
-Cando é moi nova e o sombreiro está cerrado, é
oblongo, case cilíndrico, cun manguiño con pé.
Despois medra ata 5-6 cm de alto e se abre un
pouco por baixo semellando unha campá ou un apagaveas (matacandil), pero apenas
se abrirá mais. Só o borde vaise levantando e desflecando a medida que se va
poñendo rosado, logo negruzo e se convirte un líquido negro coma a tinta: o sombreiro,
que era branqueeino e moi peluchoso, vaise licuando por baixo, ata quedar só o
mamelón central.
Baixo o sombreiro, moitas láminas brancas libres
(non chegan ao pé), apretadas, que tamén se poñen rosadas, negras e ao fin
liquidas.
PÉ fráxil, oco ao final, brancosedoso, ás veces
cun fino anel branco moi delgado e solto
que soe desaparecer.
Medra en verán e outono, en grupiños, en sitios descubertos,
perto dos basureiros, escombreiras e xardíns.
A súa CARNE é branca, moi terna e delicada, polo
que hai que cociñala pouco e va moi ben para tortillas. Só se come cando está branca
e as láminas tamén.
É CASI IMPOSIBLE confundila con outras setas, se
acaso, con outros coprinos acampanados e que se fan tinta (C. atromentarius causa
trastornos se se bebe alcohol neses días) pero NINGUN TEN O SOMBREIRO TAN
PELUCHOSO E CARACTERISTICO.
7. CANTHARELLUS CIBARIUS (cantarela)
-SOMBREIRO convexo irregular afundido polo centro según
medra, 3-a10 cm. de case branco a marelo e case alaranjado.
-Non se nota donde acaba o sombreiro e empeza O
PÉ, que parece un cono invertido-
NON TEN LAMINAS, senón enrrugas, que baixan algo
polo pé e que se bifurcan e ramifican ao chegaren cerca do borde do sombreiro,
e da mesma cor.
Tamén o PE e marelo coma toda a seta.
A ESPORADA é branca.
Abunda en verán e principios de outono en diversos
bosques.
A súa CARNE é firme, branca e de aroma agradable.
RARA VEZ É ATACADA POR PARÁSITOS, pola súa consistencia. Permite utilizala en
calquera guiso e incluso desecala facilmente, pero precisa máis tempo no lume.
Os principiantes sempre se confunden cunha seta
parecida: Hygrophorosis aurantiaca (Cantharellus aurantiacus) ou Falso Níscalo:
tamén é amarela, pero o pé é máis cilíndrico, branducho e baixo o sombreiro TEN
LAMINILLAS alaranxadas bifurcadas: se cortamo-la seta cun coitelo de arriba
abaixo pola metade veremos que son verdadeiras laminillas finas, pero NON
ARRUGAS. (De tódolos xeitos, non importaría moito porque non é tóxico)
Sí que sería grave confundirse con Pleurotus
olearia, seta TÓXICA, que ten certo parecido, pero é mais alaranxada e TEN
LAMINILLAS finas e soe medrar EN GRUPOS sobre tocóns de árbores ou raíces (o
C.cibarius MEDRA EN TERRA E TEN ARRUGAS).
8. LACTARIUS DELICIOSUS (fungo dos piñeiros)
SOPMBREIRO primeiro circular, convexo, aplanado,
có borde encurvado hacia abaixo e adentro; despois ábrese e se funde en embudo.
5-15 cm. Cor moi variable: vermellizo, ocre, grisáceo-laranxa ou verdoso en
algunhas partes (máis nos vellos). Zonas concéntricas ou redondeles escuros
Moitas LAMINILLAS radiais decorrentes (=baixan
pegada ao pé), desiguais, de cor laranxa. ESPORADA BLANCA.
Pé case cilíndrico, xeralmente curto, laranxa variable
e soe ter uns furadiños, coma picaduras de viruela. A estructura do pé é
granulosa (=non ten febras, pártese por calquera parte, coma unha tiza branda)
e soe esta oco cando non é moi novo.
O detalle máis importante desta seta, que a
distingue de tódalas demais, é que segrega un líquido vermello-laranxa cando se
corta tanto o sombreiro coma o pé: este forma entón un anel vermello có
líquido. (Este pigmento elimínase polo riñon e por eso a ouriña ponse desa cor
e asusta a quen non sabe a causa).
O contacto da CARNE có aire fai aparecer unha cor
verde “cardenillo”. Ollo: se o níscalo ten partes verdes pode que esté
agusanado ou sexa vello ou esté moi manoseado.
Hai
especies parecidas: L. sanguifluus segrega un látex vermello sangue e L.
semisanguifluus teno purpúreo. SONCHE AINDA DE MELLOR CALIDADE.
Algúns
exemplares están ás veces parasitados por outro fungo (Hypomices) branco que
deforma as laminillas, e fanlle tomar formas raras, cunha capa branca baixo do
sombreiro: seguen sendo comestibles e incluso mellores.
Os
níscalos medran sempre nos piñeirais, e abundan en veráns chuviosos e mais en
outono (se chove).
É
a seta máis consumida en España e o máis famoso, pero non o merece: a súa carne
é mais ben basta, con pouco aroma e con poucos principios nutritivos e incluso
algo indixesta. Pero case todo o mundo fala moi ben ela, quizais porque non
teñen probado outras e PORQUE TEN UNHA CUALIDADE MOI IMPORTANTE: NON SE PODE
CONFUNDIR CON OUTRA SETA, debido ao seu líquido laranxado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario