CONGRIO
(Conger coger)
O congrio, Rei indiscutible dos nosos fondos mariños
costeiros.
Non
imos detallar cómo é un congrio, caramba, que estamos en Muros.
Pero
daremos algúns datos curiosos, que tampoco non ten que estar todo o mundo ao
tanto de todo.
IDENTIFICACIÓN: NON CONFUNDIR COA ANGUÍA. Non é tan difícil
a confusión para un profano. Daremos só unha clave das varias que hai para
evitar confusións: A aleta dorsal empeza xusto encima do extremo das pectorais,
ou sexa, moito máis adiante ca da anguía.
Do
seu HABITAT mencionaremos tamén só o dato de que habita os fondos dende os máis
someros ata cousa dos 500 metros.
ALIMENTASE de case todo o que pilla, peces, moluscos e
crustáceos. Se o congro é xa algo maior, nótanselle ben as marcas dos
tentáculos de pulpos e calamares que loitaron por non seren comidos. Caza case
exclusivamente pola noite.
REPRODUCCIÓN:
É o aspecto máis asombroso e peor coñecido deste magnífico peixe.:
1º
Só se reproducen unha vez. Logo, morren. A súa idade entón non está moi clara, estímase
que poden facelo entre os 5 e os 15 anos, acadando entón as súas maiores
tallas, do ata 3 metros, as femias, que se volven branqecinas e que poden
acadar xa os 50 kg. de peso (a metade do peso corresponde ás gónadas), mentras
que os machos son ben máis pequenos e raramente chegan ao metro.
2º
Para face-la posta de ovos ou esperma vanse a zoas moi alonxadas (ata o Mar de
Sargazos moitos) e profundas (de 1000 a 3000 metros!!)
3º
A larva é coma a da anguía, leptocéfala, e tarda 2 anos en pasar polas diferentes
fases larvarias, chegando entón á costa, donde vai collendo cor e alí se
asentará o resto da súa vida. (a angula da anguía xa sabedes que se mete nos
ríos).
3º.
PESCA: Xa vimos que morren tras reproducirse, asi que todo o congrio que se
pesca aínda non o fixo. Pero ás veces cóllense algunhas “bailarinas”, cando
estaban a piques de iniciar a súa emigración reproductora, que son case que só
un envase de gónada e o resto unha masa xelatinosa que se desfai na auga e non
vale para nada.
Péscase
con varias artes: nasa, anzuelo, cerco, deriva e palangre de congrio, que se
cala en el fondo.
Un
congrio grande éche un trofeo para a pesca submarina.
No hay comentarios:
Publicar un comentario