Manual del ajedrecista.- Obra utilísima no sólo á los principiantes si que también á los buenos jugadores, por el sinnúmero de casos prácticos que contiene, con abundancia de detalles rigurosamente históricos, un capítulo especial de Gambitos y contragambitos y una copia exacta de las grandes partidas que se han jugado en el siglo XIX, por Martin Ricart.- Tercera edicion, ilustrada con grabados.- Un tomo en 4º de 96 páginas...2 pesetas
Si os gusta el ajedrez, disfrutaréis con esta partida: B(está en galego porque se la copié para mis alumnos, pero no tendréis problema por eso)
A célebre partida do Barón e o Aldeán
O Barón de Tunderstoken, despois de ser un bó soldado na súa xuventude, tíñase retirado ós seus dominios no país de Hartz, onde ninguén lle aventaxaba en cazar, pescar e xogar ó Xadrez.
Nembargantes, un día, certo campesiño novo que pasara unha tempada en Viena, atrevéuse modestamente a desafiar ó señor Barón, preguntándolle se querería xogar unha partida, xa que se amosaba tan afable cós seus bós vasalos.
O barón sonriu cunha especie de complacencia, mandóu traer cervexa e un xogo de Xadrez na sá baixa do castelo, instalóuse con toda comodidade no seu asento e preguntóu ó xove contrincante
-Meu amigo, ¿querédes algunha peza de ventaxa?...
-¡Oh! Nada diso, señor Barón. Prefiro ser vencido con tódolos honores da guerra.
-¡Brava resposta, a fé miña!...Cando eu era novo, coma vós, alá no fervor dos meus vinte anos, tamén respostaba o mesmo. Empezade, xa están as pezas preparadas.
Entón o aldeán xogóu
1.CD3A
O Barón voltóu sorrir e respostóu:
1.P4R
O aldeán:
2.CR3A
-¿Qué é isto, xove? ¿Qué faredes cós cabalos abandoados?...Logo terán que batirse en retirada. Tomade.
2.P3D
-Paréceme que xa teréi tempo de protexe-la miña cabaleiría. Entrementres, xogo:
3.P4D CD3AD
4.P5D
-Isto sería moi bonito se poiderades soster este Peón, máis paréceme que vos será imposible.
4.CD2R
5.P4R P4AR
6.AD5CR P3TR
7.AD4TR
-Xove, se facedes esta xogada, o voso Arfil está perdido. Permítovos retroceder.
-Moitas gracias, señor Barón, pero o feito, feito está.
-Ben, ben. Non teño inconvinte.
7.P4CR
8.CRxPR
O Barón, despois de ter observado un rato as súas posicións, exclama:
-¡Carallo! ¿Sabedes que se tomo o Arfil teño o Mate en tres xogadas? ¡Cómo é posible!..Tomaremo-lo Cabalo.
8.PDxC
-Imos ver, señor. Un xaque ó Rei
9. D5T, xaque R2D
10.ADxPCR A2CR
11.AR5CD,xaque R3D
12.AD3R P5AR
13.AxPAR
-Amiguiño, se abandoades as pezas deste modo, eu non teréi máis que ir comendo 13.PxA
14.P5R, xaque
O Barón empeza examinar fixamente ó aldeán, ata que, por fin, exclama: ¡Vive Deus! Xogades cun sangue frío admirable. O bó que agora non podo toma-lo Peón, porque logo perdería a Dama. Mirade: Xaque có Cabalo, obrigándome a matar e deseguido a Torre na casilla da Dama. Por fortuna, aínda podo poñe-lo Rei en seguro.
14.R4AD
15.C4TD, xaque RxA
16.D2R, xaque RxC
17.D4AD, xaque R5T
18.P4CD, xaque R4T
19.D3C, xaque
O semblante do Barón altérase todo e, sen decir unha palabra, retira o seu Rei 19.R4C
20.P4T, xaque R3C
21.P5T, xaque R4C
22.P4A, xaque R3T
23.P5C. xaque Mate.
O Barón fai un esforzo por sorrir, despóis murmura: -¡Cómo pode ser! Calculéi mal estas últimas xogadas...
-Señor, ofrézovo-la revancha.
-¡Gracias! ¡Moitísimas gracias! Deixarémolo para outro día. Esta tarde síntome fatigado e teño unha dor de cabeza que non vexo.
Efectivamente es un interesante relato y en gallego suena mucho mejor.
ResponderEliminar